O Concello do Grove formalizou onte a operación de endebedamento para o mecanismo de pagamento a provedores coa entidade de crédito Bankinter
Fecha: 2012-05-24
- O importe final polo que se formalizou a operación de préstamo para financiar o citado mecanismo de pagamento ascende a 826.009,28 € e a un tipo de xuro de EURIBOR a 3 MESES 5,25%.
O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa de que onte pola mañá se asinou o Contrato de préstamo para financiar o mecanismo de pagamento a provedores establecido polo Goberno.
O tipo de xuro ao que se formalizou a operación de endebedamento necesaria para financiar o citado mecanismo de pagamento establécese ao EURIBOR a 3 MESES 5,25%. Tendo en conta as últimas cotizacións do EURIBOR a 3 meses, que foron para o 14/05/2012 un 0,689% e para o 15/05/2012 un 0,687%, o tipo de xuro fixado na citada operación para o primeiro trimestre queda establecido no 0,689% 5,25% =5,939%.
As condicións financeiras da citada operación de endebedamento a longo prazo viñan prefixadas pola Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, que establece un préstamo a 10 anos, con 2 de carencia e un tipo de xuro equivalente ao custo de financiamento do Tesouro Público aos prazos sinalados máis unha marxe máxima de 115 puntos básicos á que se lle engadirá unha marxe de intermediación dun máximo de 30 puntos básicos.
Esta operación de préstamo permite a amortización anticipada do préstamo sen penalización ningunha.
A formalización da citada operación de préstamo realizouse durante a mañá do día de onte coa entidade Bankinter, que foi a elixida polo Instituto de Crédito Oficial.
Os provedores non terán que comparecer na entidade de crédito sinalada, xa que recibirán as transferencias nas contas bancarias que indicaron ao aceptar acollerse a este mecanismo de pagamento.