Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello organiza dúas saídas de sendeirismo no Concello de Touro

Fecha: 2012-05-24

 

A Concellería de Deportes e Medio Ambiente, organiza para o vindeiro 16 de xuño unhas saídas de sendeirismo no concello de Touro, faranse dúas rutas.

 

De mañá a Ruta Ribeira do Ulla, de 12,8 km, que ten o río Ulla como principal protagonista. Desde Ponte Basebe ata San Pedro de Ribeira é, sen dúbida, o seu carácter medioambiental o que marca a ruta: sendas de pescadores, camiños de carro, grandes bosques, tupidas carballeiras, agachadas fervenzas e o importante espaxo natural coñecido como Pozo do Pego. Unha ruta que nos levará unhas 3 horas e media.

 

Pola tarde faremos a Ruta dos tres ríos de 9 km., parte da Área Recreativa de Ponte Santaia e percorre a beira dos ríos Lañas, Beseño e Ulla. Un percorrido que apenas se separa da beira destes ríos e que nun continuo leve ascenso levaranos ata o final da ruta a Ponte Basebe. A ruta faise normalmente no sentido contrario, pero desta volta farémola descendendo para que non se faga tan dura. O sendeiro ofrece espazos naturais de gran beleza, entre frondosos bosques, onde antigamente se recollían leña e castañas. A fervenza coñecida como Salto das Pombas é outro dos atractivos deste lugar, situada no lugar coñecido como Montes de Fao presenta unha caída de dez metros de altura.

 

Horarios, prezo e inscrición

A saída terá lugar ás 9 da mañá desde a estación de autobuses, comerase nun restaurante da zona e a volta está prevista para chegar sobre as 8 e media da tarde. O prezo da saída que inclúe o autobús e a comida é de 18 euros. Para anotarse pódese facer na Concellería de Deportes ou a través do número de teléfono 657 464 277.