Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove e BIC Galicia organizan un Seminario de Motivación Emprendedora

Fecha: 2012-05-25

 

O obxectivo é difundir como se poñen en marcha as ideas empresariais e intentar romper os mitos sobre a figura do emprendedor.

 

O Concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais, informa que as entidades Bic Galicia e o Concello do Grove organizan conxuntamente un Seminario de Motivación Emprendedora.

 

O desenvolvemento do citado seminario estrutúrase en 3 partes:

  • Na primeira analízase a figura do emprendedor, as aptitudes desexables, as habilidades, coñecementos, as actitudes necesarias, as motivacións e as barreiras que hai que superar para emprender.
  • Na segunda analízase a idea de negocio, onde xorden as ideas, a calidade e madureza da idea inicial, a viabilidade desta, etc.
  • Na terceira analízase como se transforma a idea inicial nun proxecto empresarial, os recursos e instrumentos dispoñibles para os emprendedores e a posta en marcha.

 

Ao longo de todo o seminario expóñense casos reais de emprendedores que desenvolveron proxectos empresariais en Galicia. O seminario está aberto ao público en xeral e a todas as persoas que queiran coñecer alternativas ao traballo por conta allea. Sempre se utilizará unha linguaxe alcanzable para os participantes e a cada un deles facilitaráselles documentación informativa sobre o seminario.

 

Inscrición

A duración do seminario é de 3 horas, aproximadamente, e a data prevista para a súa realización é o 28 de xuño de 2012 na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, de 18.00 a 21.00 horas.

 

Para a inscrición é obrigatorio apuntarse na Casa Azul, a través do axente de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL), no teléfono 986 730 609 ou no correo electrónico adlogrove@concellodogrove.com.