Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A primeira promoción da actividade Coñecendo e Gozando da Biblioteca graduouse o pasado venres

Fecha: 2012-05-28

A concellería de Educación puxo en marcha esta iniciativa para espertar a imaxinación e a creatividade a través dos recursos que ofrece a lectura.

Tras o éxito da primeira edición, a actividade volverase a ofrecer o vindeiro curso.

 

O Concello do Grove clausura esta tarde a actividade extraescolar “Coñecendo e gozando da biblioteca”, na que participaron vinte nenos de infantil dos diferentes centros escolares da localidade. A actividade, que se desenvolveu na biblioteca municipal do Grove desde xaneiro, chega ao seu final coa graduación dos nenos e nenas que participaron nesta iniciativa. Así, recibiron o seu diploma acreditativo do bo aproveitamento do curso e unha foto na que aparecen co seu libro favorito.

 

A Concellería de Educación apostou por introducir este curso escolar esta nova actividade no calendario de estraescolares co obxectivo de espertar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura, experimentar a biblioteca como un contorno máxico de encontro cos libros e con outros nenos e nenas e establecer un primeiro contacto cos libros dunha maneira lúdica, facilitando o xogo. Así, cada semana nenos de 4 e 5 anos gozaron na aula de infantil da biblioteca municipal do Grove actividades de carácter pedagóxico, con obradoiros lúdicos, animacións, xogos e manualidades de acordo coas súas idades.

 

Ante o éxito desta primeira edición –houbo que crear un segundo grupo ante a demanda da actividade-, a Concellería de Educación e a Rede de Bibliotecas do Grove volverán a ofrecer esta actividade para o vindeiro curso escolar.

 

Natación

Ademais desta actividade extraescolar, desde o Concello do Grove tamén se organizan clases de natación na piscina de Cambados. Neste caso, a actividade remata a finais de xuño, coincidindo co fin do curso escolar. Un total de 45 rapaces gozan desta actividades divididos en dous grupos, os martes e os venres. Os participantes terán a mediados de xuño dunha festa con inchables, cada grupo no seu día e horario habitual de clase.