Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O presuposto de gastos do Concello do Grove executouse nun 25,34% desde a súa aprobación o pasado 29/02/2012

Fecha: 2012-06-05

  • A Base Quinta de Execución do presuposto 2012 indica que as cantidades consignadas para gastos fixan, inexorablemente, o límite destes.

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa de que o Estado de Execución do Presuposto de Gastos para o exercicio 2012 a data 04/06/2012 bota un 25,34% de execución efectiva (2.646.477,20 €) e un 74,66% pendente de execución (7.796.624,68 €) relativo á previsión orzamentaria definitiva (10.443.101,88 €) unha vez que se realizaron as incorporacións de remanentes de crédito obrigatorias procedentes do capítulo 6 de investimentos.

 

Partidas en negativo

Igualmente, da análise do citado Estado de Execución obsérvase que 18 partidas orzamentarias de gastos (dun total de 329) botan un saldo negativo a pesar de que o seu nivel de vinculación xurídica o permite tal e como establece a Base Novena de Execución, o que suporá que noutras partidas vinculadas o seu crédito será menor.

 

134.22701 - Protección Civil, Traballos doutras empresas (-2.216,00 €)

155.22000 - Vías Públicas, Subministracións e servizos exteriores (-2.121,85 €)

161.15000 - Augas, Produtividade (-1.005,02 €)

161.21001 - Augas, Reparacións e Conservación da rede de sumidoiros (-626,78 €)

161.22100 - Augas, Enerxía eléctrica (-11.398,10 €)

161.619 - Augas, Investimento en reparación de infraestruturas (-10.030,00 €)

161.634 - Augas, Investimento en elementos de transporte (-3.500,00 €)

162.634 - Recollida de Lixo, Investimento en elementos de transporte (-2.360,00 €)

232.22701 - Drogodependencias, Servizo de seguridade (-360,00 €)

241.13100 - Fomento de emprego, Persoal laboral temporal (-329,76 €)

320.48001 - Ensino, Axuda a concurso de instituto (-350,00 €)

338.22609 - Cultura, Festexos populares (-1.370,53 €)

341.22000 - Deportes, Outras subministracións menores (-458,63 €)

912.21900 - Órganos Goberno, reparacións e conservación mobiliario (-3.847,45 €)

920.13100 - Admón. Xeral, Persoal laboral temporal (-3.545,76 €)

920.21200 - Admón. Xeneral, Reparación e conservación de edificios (-678,85 €)

920.21900 - Admón. Xeneral, Reparación e conservación de mobiliario (-532,31 €)

931.62600 - Admón. Financeira, Equipos informáticos (-421,92 €)

 

Igualmente faise necesario recordar o compromiso de estabilidade orzamentaria realizado polo Goberno local en prol de corrixir a situación financeira do Concello (a liquidación do exercicio 2011 botou un remanente de Tesourería para gastos xerais negativo por un importe de -107.954,26 €), poder atender todas as obrigas de pagamento cos provedores no tempo e na forma establecidos e seguir prestándolles uns servizos de calidade aos veciños.