Aberto o prazo para solicitar os permisos para as fogueiras de San Xoán
Fecha: 2012-06-05
A Concellería de Seguridade e Emerxencias informa de que desde onte luns, 4 de xuño, ata o venres 15 de xuño (incluído) está aberto o prazo para solicitar os correspondentes permisos para as tradicionais fogueiras de San Xoán.
Toda a documentación seralle remitida á Consellería de Medio Rural coa suficiente antelación para que todas as fogueiras sexan validadas e autorizadas por eles. Unha vez recibidas estas autorizacións, as persoas interesadas deberán recollelas o venres 22 de xuño, de 9.00 a 14.00 horas, no Rexistro da Casa do Concello.