Axudas de Educación para comedores escolares e libros de texto
Fecha: 2012-06-08
A Concellería de Educación do Concello do Grove informa de dúas convocatorias de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Son as seguintes:
- Axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta para o curso académico 2011/2012. Máis información aquí >
- Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013. Máis información aquí >