Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa Madruga no CEIP Valle Inclán

Fecha: 2012-06-12

O Concello do Grove, a través do departamento de Educación, abre o prazo de inscrición do programa madruga no CEIP Valle Inclán para o vindeiro curso escolar. Os pais e nais que queiran inscribir aos seus fillos neste servizo municipal, que busca garantir a conciliación da vida laboral e familiar, poden realizar as inscricións na Casa do Concello ata o 31 de xullo. Tras inaugurarse en xaneiro, o Programa Madruga volve a ofrecerse no CEIP Valle Inclán co fin de facilitar a compatibiliade horaria das xornadas laborais dos pais cos horarios escolares dos seus fillos.

 

O programa desenvólvese nunha das aulas do comedor escolar. O servizo está dispoñible desde as 7.30 horas ata o inicio das clases, que coa implantación da xornada continua o curso pasado se establece nas 9.40 horas. Durante este tempo, os asistentes disfrutarán de xogos cooperativos, manualidades, actividades de lecer…

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, achegando xunto con elas resgardo de matrícula escolar, copia do libro de familia, dos DNI da nai e do pai; título de familia numerosa de ser o caso; e fotocopia da  cartilla da seguridade social do menor. O prezo do servizo é 30 euros ao mes, agás no caso de subscribirse ao programa máis dun irmán, de pertencer a unha familia numerosa ou monoparental. Nestes supostos, aplícase unha redución do 20%. Ademais dos usuarios habituais, o concello tamén porá a disposición das familias bonos de dez días para que poidan utilizar o servizo en días soltos ao longo de todo o curso, no caso de que apareza unha urxencia ou se cree unha necesidade concreta nun día determinado. Neste caso, o prezo por día de asistencia é 2,5 euros.