Programa de posta en marcha de ideas empresariais vinculadas a oficios tradicionais
Fecha: 2012-06-19
A Concellería de Facenda, Emprego e Persoal informa sobre o proxecto ‘Xuventude Emprendedora en Europa (JE-EU)’ da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que ten como obxectivo promover entre a mocidade galega e portuguesa os oficios tradicionais e artesanais en risco de desaparecer por non atopar novos profesionais que consideren atractiva a súa continuidade como empresarios destes sectores.
A iniciativa está financiada pola Comisión Europea, a través do Programa de Aprendizaxe Permanente Leonardo da Vinci de Transferencia de Innovación e o seu obxectivo principal é proporcionar as ferramentas necesarias a todos os mozos e mozas interesados en recibir en transferencia empresas xa creadas.
Para Máis información
http://xuventude.xunta.es/201012027876/programaseuropeos.html