Posta en funcionamento da zona azul na rúa Castelao
Fecha: 2012-06-28
Comezará a funcionar o vindeiro luns día 2
O Concello do Grove, despois de consultar cos empresarios da rúa Castelao, toma a decisión poñer en marcha a zona azul no tramo comprendido entre o cruzamento do garda e o inicio da rúa das Bouzas. O funcionamento da zona azul na rúa Castelao comezará o próximo luns día 2, de luns a venres.
Con esta medida preténdese darlles máis facilidades de aparcadoiro a todos os clientes da zona comercial para tentar facer máis doadas as súas compras e, asemade, potenciar o comercio local.
Para o Concello é importante tomar medidas que poidan axudar a dinamizar o comercio local, sobre todo nestes tempos de crise que atravesamos. Non se descarta ampliar a zona azul a outras rúas do centro, onde os comerciantes xa se mostraron interesados na implantación deste sistema de regulación do aparcadoiro.
Recórdase que esta non é unha medida recadatoria, senón algo que xa viñan reclamando hai algún tempo os comerciantes, e que é unha decisión ben acollida pola inmensa maioría deles.
Os discos horarios para a zona azul poderanse encontrar en calquera establecemento da zona azul, xa que todos os comerciantes os poderán adquirir na oficina de Emgrobes ou no propio Concello.