Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O I Campus de Ximnasia Rítmica do Concello do Grove inaugúrase o luns con 25 participantes

Fecha: 2012-06-29

 

 

Realízase en colaboración coas ANPA no pavillón do colexio Conmeniño

 

A Concellería de Educación e as asociacións de nais e pais da localidade inauguran o luns a primeira edición do Campus de Ximnasia Rítmica Concello do Grove, que se realizará en xullo no pavillón do colexio Conmeniño.

 

O obxectivo é dar unha resposta lúdica e deportiva durante o verán ás alumnas que esta actividade ten durante o curso escolar, e que está organizada polas propias ANPA. Ao mesmo que esta actividade extraescolar, o campus estará impartido por adestradores e técnicos do Club Rítmica Xiada –que logrou cinco ouros no último Campionato Galego de Promoción-, e pretenderá iniciar e perfeccionar sobre os fundamentos técnicos da ximnasia rítmica e dos diferentes elementos que a compoñen.

 

O campus conta coa participación de 25 nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos. Desenvolverase de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas. Entre algunhas das actividades que se inclúen na programación do campus están o traballo coas habilidades motrices; actividades físicas artístico-expresivas; actividade física e saúde; xogos e deportes, e actividades complementarias como aeróbic, expresión musical, talleres de peiteado e maquillaxe, deseño de mallas…

 

Este campus e a Escola de Verán en Inglés son as dúas propostas da Concellería de Educación para que os nenos gocen das vacacións de verán e, ao mesmo tempo, para garantir que as súas familias poidan conciliar os horarios laborais co tempo de lecer dos seus fillos. Entre os dous programas dáselles resposta a 265 familias.