Traslado ao novo edificio administrativo do Concello do Grove
Fecha: 2012-07-18
Co fin de mellorar a prestación dos seus servizos e a atención á cidadanía, o Concello do Grove está a trasladar estes días a maioría dos departamentos administrativos que ata o de agora estaban situados nas diferentes plantas da Casa do Concello para as instalacións do seu novo edificio administrativo, situado na rúa Cándido Acuña Blanco.
Unha vez rematada a mudanza, a cidadanía grovense terá á súa disposición unhas instalacións moito máis accesibles, modernas e funcionais.
Aínda que estamos procurando que se note o menos posible, pedímoslles desculpas polas molestias que lles poida ocasionar este traslado.