Precísanse voluntarios para o control e seguimento do paso de La Vuelta a España pola nosa vila
Fecha: 2012-07-18
Todas as persoas que estean interesadas en formar parte do grupo de voluntarios que colaborará co persoal municipal no control e seguimento do paso deste importante evento ciclista o martes 28 de agosto poden apuntarse no mostrador de información da Casa do Concello.
Se che gusta o deporte e queres vivir desde dentro un acontecemento deportivo de nivel internacional, non o dubides: apúntate!