Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A clown Xiana Lucanus, colaboradora de Pallasos sen Fronteiras, visita a Escola de Verán

Fecha: 2012-07-20

En colaboración coa Concellería de Comercio organizáronse obradoiros de consumo para todos os nenos

 

 

A Escola de Verán en Inglés posta en marcha pola concellería de Educación do Grove recibiu na mañá de onte a visita da clown Xiana Lucanus, colaboradora de Pallasos sen Fronteiras, que fixo as delicias de todos os nenos e nenas que participan neste campamento. Durante toda a mañá Xiana organizou para os diferentes grupos espectáculos de clown, coa participación dos nenos, xogos, malabares…

 

A Escola de Verán en Inglés centra a Fun Week desta semana no “circus”. Deste xeito, todas as cancións, os contos, as manualidades, as charlas e o vocabulario cos que traballan ata o venres os nenos e nenas do campamento están dedicados a esta temática. Así, están creando e xogando con bólas de malabares, narices de pallasos e máscaras.

 

Onte tamén a Escola de Verán en Inglés acolleu obradoiros de consumo. En colaboración coa Concellería de Comercio, o Instituto Galego de Consumo visitou as instalacións da Escola de Verán. Os nenos de 3 a 9 anos participaron na actividade “Conto de Consumo Responsable: Como quero que sexa a miña festa?”, a través da que coñeceron alternativas de ocio que responden aos intereses reais individuais e non ás socialmente aceptadas como “gozo” comercial, a través de varias actividades lúdicas. Os nenos maiores de 9 anos participaron no taller “O Baseball do ocio e consumo”, cuxo obxectivo é observar diferentes actividades de ocio relacionándose de forma lúdica co resto de grupo e valorando diferentes posibilidades.