Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa de Saúde e Benestar da Deputación de Pontevedra

Fecha: 2012-07-24

 

O departamento municipal de Servizos Sociais informa de que a Deputación Provincial de Pontevedra, pon en marcha o Programa de Saúde e Benestar, a través do cal se oferta a posibilidade de gozar dunha estancia permanente durante uns días nos balnearios ou hoteis con spa da provincia, podendo recibir unha atención especializada en tratamentos termais, de saúde, benestar, descanso e actividades de ocio.

 

O desenvolvemento do Programa terá lugar aproximadamente nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Consiste en pasar seis días con cinco noites, nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións, da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa con bebidas incluídas.

 

Destinatarios:

Poderán acceder ao Programa todas as persoas que vivan na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do Programa, así como estar en condicións de total autonomía e que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan:

  1. Persoas de 50 ou máis anos

  2. Pensionistas

Prezos:

ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

PREZO TOTAL POR PERSOA / 5 DÍAS

Hotel Hesperia Isla de la Toja

195 €

Hotel Thalasso Atlántico (Baiona)

205 €

Hotel Spa Oca Galatea (Sanxenxo)

200 €

Hotel Spa Oca katiusca (Silleda)

170 €

Hotel Torre do Deza (Lalín)

160 €

Hotel Norat Marina Spa (O Grove)

175 €

Hotel Bienestar Moaña Thalasso Spa

190 €

 

Prazo: ata o 9 de agosto de 2012

 

Máis información e inscricións: Servizos Sociais Comunitarios, Deputación de Pontevedra e en www.depontevedra.es