Anuncio sobre dous novos regulamentos do Concello do Grove
Fecha: 2012-07-27
No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe anúnciase a aprobación definitiva do Regulamento do Rexistro municipal de asociacións e a aprobación inicial do Regulamento do Rexistro telemático e das notificacións e documentos electrónicos do Concello do Grove. Para este último, ademais, ábrese un prazo de 30 días para que, quen o considere oportuno, lle poida presentar reclamacións ou suxestións á corporación.
Pode consultar o texto íntegro dos anuncios aquí >