Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A rapazada da Escola de Verán participou no programa Ponlle as pilas ao teu bocata

Fecha: 2012-07-31

 

O programa Ponlle pilas ao teu bocata chegou onte pola mañá á Escola de Verán en Inglés posta en marcha pola Concellería de Educación. Douscentos nenos participaron nesta actividade, organizada pola Consellería do Mar en colaboración coa Concellería de Mar do Grove e Anfaco-Cecopesca. Con esta actividade preténdese incidir e equilibrar as dietas alimenticias, e valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.

 

 Un equipo de monitores puxo en marcha un obradoiro lúdico que motivou os rapaces no consumo de produtos do mar en conservas, fomentando o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece. A actividade constou de varias partes; en primeiro lugar, organizouse unha pequena explicación sobre os beneficios do consumo do peixe, que seguiu cunha xincana de xogos e, por último, cada rapaz elaborou o seu propio bocata. Os nenos xogaron, escoitaron atentamente as indicacións das monitoras e, sobre todo, gozaron dos seus bocatas, coa conserva como ingrediente principal, acompañada de salsas, tomate, cenoria, ovos cocidos, leituga, millo… Ao gusto de cada un.

 

Así pois, púxose de relevo unha das virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía. Unha enerxía asociada á forza, á vitalidade, ao crecemento, pero tamén xogo e diversión. A través desta campaña preténdese achegarlles aos alumnos e alumnas coñecementos acerca dos produtos do mar, das conservas e de todas as posibilidades que ofrecen tanto no ámbito alimenticio como didáctico e lúdico. Preténdese, ademais, espertar o interese dos cativos polo medio mariño e as súas especies, que coñezan a procedencia dos produtos do mar en conserva e a súa clasificación ao tempo que adquiren hábitos alimentarios axeitados.

 

Hoxe martes, día 31, clausúrase o primeiro mes da Escola de Verán en Inglés cunha festa na que, ademais de xogos e karaoke, tamén contará co espectáculo en inglés do pallaso Rudi Dudi.