Publicadas as listaxes provisionais das probas Celga 2012
Fecha: 2012-08-01

O Servizo de Normalización Lingüística municipal informa de que xa están publicadas na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística as listaxes cos resultados provisionais das probas Celga deste ano.
Tamén lembra que, no caso de non estar de acordo coa cualificación obtida, pode solicitar que a Comisión Central de Avaliación revise a súa proba mediante un escrito dirixido á Secretaría Xeral de Política Lingüística ou ao enderezo de correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.es. O prazo para presentar reclamacións remata o día 9 de agosto de 2012.
Máis información, no SNL do Concello do Grove