Sae á venda o pack coas gravacións en CD e DVD do Festival de Comparsas 2012
Fecha: 2012-08-03
O Concello do Grove pon á venda 300 exemplares dun pack CD-DVD coas actuacións das agrupacións que participaron no Festival de Comparsas do pasado Entroido 2012.
Como novidade, este ano a gravación foi feita en directo no propio pavillón o mesmo día do festival. Ademais, o lote inclúe un folleto con fotos de todas as comparsas participantes. O seu prezo é de oito euros, e pódese adquirir en Copyman, na Librería Besada ou no Quiosco Isaías.