Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O informe de fiscalización sobre as entidades locais de Galicia presentado polo Consello de Contas avala as teses sostidas desde o goberno local

Fecha: 2012-08-06

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, sinala que tras a publicación do informe do Consello de Contas sobre a fiscalización das entidades locais de Galicia correspondente ao exercicio de 2009, onde se indica da importancia de corrixir a situación financeira de 71 concellos en Galicia, pódense extraer as seguintes conclusións:

 

1.ª Tal e como veu mantendo este goberno, a ratio máis importante das contas do Concello é o "Remanente de Tesourería para Gastos Xerais", pois indica a solvencia e liquidez, xa que se este indicador ten saldo negativo está a poñer de manifesto unha insuficiencia nos recursos financeiros para atender as obrigas que lle son esixibles ao Concello.

 

A evolución desta magnitude (RTGX) no Concello do Grove foi a seguinte nos últimos exercicios:

 

Exercicio

Rem. Tes. Gtos. Xen.

Minoración RTGX

2007

726.865,23 €

 
2008

68.816,58 €

658.048,65 €

2009

-97.312,21 €

166.128,79 €

2010

-203.808,87 €

106.496,66 €

2011

-107.954,26 €

95.854,61 €

     
 

Total acumulado

1.026.528,71 €

 

 

2.ª Para poder acollerse ao mecanismo de financiamento previsto no Plan de pagamentos a provedores establecido polo Goberno central, e para os efectos de poder saldar as débedas do Concello cos seus provedores e evitar tamén a minoración dos ingresos que se reciben do Ministerio de Facenda en concepto de Participación nos Ingresos do Estado, o pasado 29/03/2012 aprobouse no Pleno un Plan de axuste económico-financeiro que contén un total de 25 medidas correctoras, para os efectos de garantir o seguinte:

  • Recoller os ingresos correntes suficientes para financiar os gastos correntes e a amortización das operacións de endebedamento formalizadas ata a data.
  • Recoller un axeitado financiamento dos servizos públicos prestados mediante taxas ou prezos públicos.

 

Faise necesario recordar que a actual débeda do Concello do Grove a longo prazo con diferentes entidades de crédito ascende a 7.164.517,53 €. Así mesmo, a débeda actual a curto prazo cos distintos provedores do Concello ascende a 1.650.425,73 €.