Cine no Corgo
Fecha: 2012-08-17
O venres 24 de agosto, a partir das 21.30 h, proxectarase na praza do Corgo (na casa da cultura, en caso de mal tempo) a película Los muertos van deprisa, dirixida por Ángel de la Cruz e protagonizada por Neus Asensi, Chete Lera, Manuel Manquiña, Ernesto Chao e María Castro.
Trátase dunha comedia que conta a historia de Irene, unha camioneira que acude a buscar marisco a unha vila da costa galega. Todo comeza cando o seu camión queda atascado nunha ponte e impide o paso ao cemiterio o mesmo día que van a enterrar o patrón maior da confraría de mariscadores. A lea está montada...
DVD e dereitos de proxección (ou exhibición) subvencionados pola Deputación da Coruña, proxección a cargo do Concello do Grove.