Curso sobre Creación dunha Horta Ecolóxica
Fecha: 2012-08-23
O Concello do Grove vai pór en marcha un Curso sobre Creación dunha Horta Ecolóxica dentro do Programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra. Este programa comprende 44 cursos de 40 horas de duración e persegue o obxectivo de desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre que sexan de interese xuvenil.
-
Requisitos: ter de 16-35 anos
-
Duración: 40 horas
-
Período de realización do curso: entre outubro e novembro
-
Prazo de inscrición: do 1-20 de setembro
-
Lugar de inscrición: OMIX (Oficina Municipal de Información xuvenil).Casa Azul. Tel.: 986 730 609, correo electrónico: omix@concellodogrove.com
A solicitude deberase facer no modelo oficial que se pode recoller na OMIX ou descargar aquí.
No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas , relacionaranse do seguinte xeito:
-
Persoas desempregadas que non participasen na edición do Actívate do ano 2011 (segundo o rexistro de entrada).
-
Persoas en activo que non participasen na edición do Actívate do ano 2011 (segundo o rexistro de entrada).
-
Persoas desempregadas e en activo que participasen na edición pasada.
-
Persoas da lista de agarda (persoas doutros concello ou de idades diferentes a 16-35 anos)
Máis información na páxina da Deputación