Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Visita a Penafiel

Fecha: 2012-08-24

O 25 de agosto terá lugar en Penafiel (Portugal) unha sesión de honores na Cámara Municipal á que acudirá o alcalde do Grove xunto cos concelleiros de Facenda e Comercio.

 

Este encontro terá lugar en resposta ao convenio de colaboración asinado no 2009 entre o municipio do Grove e o de Penafiel, no marco da celebración do Día de Portugal na Festa do Marisco.

 

Aproveitando esta iniciativa da Fundación Luso-Galaica, farase unha presentación da vindeira Festa do Marisco co obxecto de atraer visitantes de todo o norte de Portugal durante os días da festa.