Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove continúa asesorando e informando as persoas afectadas pola subscrición de participacións preferentes e obrigas subordinadas

Fecha: 2012-09-11

  • Desde o mes de abril pasaron máis de 180 persoas para solicitar información e tramitar as súas reclamacións a través da OMIC.

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa de que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) do Concello continúa asesorando, informando e tramitando as reclamacións dos afectados pola subscrición das participacións preferentes e das obrigas subordinadas.

 

Nas últimas semanas tamén se ampliou a atención aos afectados pola subscrición das obrigas subordinadas. Para iso facilitáronse todos os impresos elaborados polo Instituto Galego de Consumo e tramitado as correspondentes reclamacións. En ocasións solicitando a Mediación e ultimamente a Arbitraxe como vía de solución alternativa ofrecida pola Xunta de Galicia.

 

Máis de 180 persoas foron os afectados que utilizaron os servizos municipais da OMIC para facilitarlles información e tramitación de documentación e reclamacións.

 

O alcalde do Concello do Grove mostrouse satisfeito polo servizo prestado desde a OMIC aos afectados e manifestou que animo a todos os afectados a que non dubiden en utilizar a nosa OMIC municipal no caso de que decidan iniciar a solicitude de Arbitraxe.

 

Así mesmo, desde o Concello do Grove espérase unha solución inmediata para as miles de persoas afectadas que lles permita recuperar o 100% do nominal dos títulos subscritos e poder recuperar todos os seus aforros.