Rematan os traballos de acondicionamento e embelecemento da entrada ao Grove
Fecha: 2012-09-11
O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ochoa, visitou a zona para comprobar o resultado
O Concello de Grove, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, rematou os traballos de acondicionamento e embelecemento da entrada ao municipio. O concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ochoa, visitou a zona para comprobar o resultado.
Os traballos consistiron en rematar a canle lateral que permite recoller as augas e evita que naza maleza ao lado da calzada, aspectos que ademais de influír na imaxe da estrada, tamén repercuten na visibilidade e seguridade dos condutores. Neste sentido, o edil resaltou a celeridade na resposta da consellería, xa que a solicitude se fixo hai uns días e xa está resolto o acondicionamento e a mellora estética da entrada ao Grove.