Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Biblioteca Municipal do Grove tamén mellora os seus resultados durante o verán

Fecha: 2012-09-12

 

  • Duplícanse os préstamos con relación ao ano 2010

  • Numerosos turistas fanse socios deste servizo

 

A Biblioteca Municipal do Concello do Grove continúa batendo os seus propios récords de usuarios e de préstamos. Durante os meses do verán, melloráronse de xeito notable os resultados, con máis do dobre de préstamos e de visitas que no ano 2010.

 

Os datos obtidos nos meses de xullo e de agosto dobran as cifras obtidas nos anos anteriores:

 

Ano

Visitas

Préstamo adulto

Préstamo infantil

Préstamo de audiovisuais

Total préstamo

2010

1394

156

284

37

477

2011

1218

213

292

40

545

2012

2099

356

433

125

914

 

A aposta realizada desde a Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio por mellorar as instalacións e os servizos da Biblioteca Municipal, así como o incremento da cantidade e da calidade do seu fondo bibliográfico, son fundamentais para acadar estes resultados. Así, nos estantes da biblioteca xa están dispoñibles as últimas novidades dos títulos infantís, xuvenís e para adultos. Os libros máis demandados son El abuelo que saltó la ventana y se largó, de Jonas Jonasson, e a triloxía Cincuenta sombras de Grey. A última adquisición foi o recentemente publicado Misión Olvido, de María Dueñas, e douscentos libros de literatura infantil e xuvenil do Premio María Moliner.

 

Aumento dos turistas

Durante os meses de verán redúcese o número de grovenses que acoden á biblioteca, pero en cambio son numerosos os turistas que a visitan cada día e que incluso se fan socios dela.

 

Entre os servizos máis demandados polos visitantes da vila destacan o servizo de préstamo infantil e adulto, a consulta de Internet, o acceso Wi-Fi e a lectura de prensa en sala. Deste xeito, a biblioteca convértese nun servizo complementario da oferta turística do Grove.

 

Horarios

Desde principios de setembro a Biblioteca Municipal do Grove retoma o horario de inverno, co obxectivo de que o alumnado que teña que preparar os exames dispoña dun horario amplo. Así, o horario é de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Esta mesma medida se tomou para os exames de xullo, xa que a biblioteca municipal non empezou co horario reducido de verán ata mediados deste mes para garantir horas de estudo para o alumnado. Para eles, a Biblioteca Municipal conta cunha aula de estudo.

 

Por outra banda, xa se está traballando na nova programación da Biblioteca Municipal do Grove para o último trimestre do ano, que incluirá novos servizos e programas dirixidos para todos os usuarios das súas instalacións.