Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove programa tres talleres para mellorar as técnicas na busca de emprego

Fecha: 2012-09-19

 

A formación é un piar importante á hora de mellorar a empregabilidade das persoas en paro, así como unha forma de actualización constante e reciclaxe que permite estar sempre ao día en canto a novidades neste terreo.

 

O concelleiro de Economía, Facenda e Persoal do Concello do Grove, Juan Luis Callón Cameán, informa que dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais (e a través da Axencia de Desenvolvemento Local e o Servizo de Orientación Laboral), estanse a programar o desenvolvemento de tres talleres relacionados coa temática da busca de emprego.

 

Para atopar emprego é importantísimo buscar a diferenciación nos perfís de características e no xeito de levar a cabo a busca de emprego, xa que esa diferenciación é a que leva a acadar o obxectivo de atopar emprego.

 

Os talleres programados son:

 

BUSCA EMPREGO NA REDE! constará de 15 horas de duración e terá lugar entre o 24 e o 28 de setembro.

O obxectivo é que aquelas persoas desempregadas que descoñecen Internet e todas as súas utilidades se acheguen a esta ferramenta tan empregada na procura de emprego.

Os contidos para tratar serán:

    • Coñece Internet.

    • O correo web, ¿como crear a túa propia conta de correo?

    • Busca de emprego en Internet.

    • Análise dunha oferta de emprego.

    • As redes sociais 2.0

 

Ver cartel

Solicitude de inscrición

 

 

EMPREGA EN FEMININO constará de 12 horas de duración e terá lugar os mércores do mes de outubro.

O obxectivo é que as mulleres do concello do Grove desenvolvan habilidades sociais para mellorar as súas relacións laborais e persoais.

Os contidos a tratar serán:

    • ¿Que son as habilidades sociais?

    • Autocoñecemento.

    • Comunicación verbal e non verbal.

    • Aprendo a ser asertiva.

    • Resolución de conflitos.

       

Ver cartel

Solicitude de inscrición

 

 

TEÑO UNHA IDEA! constará de 12 horas de duración e terá lugar os mércores do mes de novembro.

O obxectivo é que todas as persoas desempregadas do concello do Grove con espírito emprendedor, que teñan un proxecto en mente e non saiban como poñelo en marcha, acudan a este taller para tomar nota dos pasos que se deben seguir para a posta en marcha da súa idea empresarial. Ademais de coñecer as axudas autonómicas e estatais que teñen á súa disposición para facilitarlles o desembolso económico que supón a posta en marcha dun proxecto.

 

Os contidos para tratar serán:

    • O/ a emprendedor/a e a idea.

    • Facer un Plan de Empresa.

    • Axudas e subvencións autonómicas.

    • Axudas e subvencións estatais.

    • Entidades de apoio ao emprendedor/a.

Ver cartel

Solicitude de inscrición

 

Así mesmo, o alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, mostrou a súa satisfacción pola posta en marcha desta iniciativa xa que “é moi importante desenvolver ferramentas que axuden aos desempregados a atopar emprego”.

O número máximo de participantes será de 15 persoas por taller.

 

Para inscribirse nos talleres hai que entregar unha solicitude na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello do Grove. A solicitude pódese recoller na AEDL ou ser descargada desde a páxina web do Concello.