Novo corrector de galego Imaxin Galgo 2.0 dispoñible para a súa descarga gratuíta
Fecha: 2012-09-20
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) da Xunta de Galicia xa ten dispoñible para descargar o corrector de galego Imaxin Galgo 2.0. Trátase do primeiro corrector que soluciona non só erros de carácter tipográfico e ortográfico, senón tamén léxicos, que se poden atopar en textos escritos en galego.
O corrector Imaxin Galgo 2.0 pode descargarse de balde na web da SXPL. É unha versión actualizada desta ferramenta, que presenta tres novidades fundamentais: está adaptado á normativa da Real Academia Galega de 2003, está actualizado para as novas versións de Microsoft Word para Windows e conta con versión para Mac.