Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Xa temos cartel anunciador da Festa do Marisco de 2013

Fecha: 2012-10-09

No concurso para elixir o cartel anunciador da 50ª edición da Festa do Marisco 2013 participaron quince carteis, de entre os que resultou gañador o de Javier Domínguez Ortiz. Javier xa é un habitual neste evento, posto que leva presentando propostas nestes últimos anos e mesmo gañou en dúas ocasións anteriores o concurso.

 

Por outra banda, lembramos que hoxe pola tarde ás 19.30 h actuará a escola de danza Va' Lontano. Nesta ocasión, entre doce e quince bailaríns interpretarán Danza Galega Contemporánea, alternativa ao Baile Rexional, que trata de "liberar a danza tradicional das súas coreografías, vestiario, estética e modernizalo dentro da danza contemporánea, con libertade de movementos para expresar os sentimentos que se atopan na música galega".