O Concello lamenta a non concesión dun obradoiro de emprego pola Xunta de Galicia
Fecha: 2012-10-26
O CONCELLO DO GROVE LAMENTA A NON CONCESIÓN DUN OBRADOIRO DE EMPREGO POLA XUNTA DE GALICIA PARA FORMAR A DESEMPREGADOS MAIORES DE 25 ANOS.
- O Obradoiro pretendía formar a desempregados en áreas de promoción turística e de atención socio-sanitaria.
O Concelleiro de Economía, Facenda e Personal do Grove, Juan Luis Callón Cameán, dentro do programa de difusión da cultura emprendedora e apoio aos desempregados locais, informa que o Obradoiro de Emprego solicitado polo Concello do Grove á Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia non foi concedido, decisión que lamentamos profundamente.
A intención do Obradoiro de Emprego era formar a desempregados maiores de 25 anos nas especialidades de atención socio-sanitaria a personas no domicilio e promoción turística local e información ao visitante.
Decididos a continuar traballando polos desempregados.
Nesta ocasión non se concedeu a realización do mesmo, pero continuaremos apostando por novas iniciativas e estamos seguros que no futuro valorarán os esforzos do Concello do Grove por buscar novos profesionais en sectores innovadores. Continuaremos traballando e esforzándonos ata conseguir que estas iniciativas se valoren na súa medida.
O mantemento do Obradoiro da Lanzada solicitado pola Mancomunidade do Salnés, que a pesar do seu carácter mancomunado confiamos atenda ás demandas dos desempregados do Grove con interese en formarse en Hostelería do municipio e en próximas convocatorias trataremos de completalos coas especialidades propias solicitadas polo Concello do Grove.
Así mesmo, o Alcalde do Grove, Miguel Ángel Pérez, mostrou o seu pesar de que non se conceda a citada subvención xa que “nos permitiría seguir formando personas en áreas estratégicas para el desarrollo de nuestro Concello”.