Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello presenta a guía O Grove educa

Fecha: 2012-10-26

 

O concello presenta a guía “O Grove educa”, que reúne todos os recursos municipais dispoñibles para os escolares.

 

  • O obxectivo é contribuír ao aumento da calidade da ensinanza, dar a coñecer os servizos municipais e seu entorno aos escolares.
  • Inclúe desde actividades extraescolares, programas de conciliación, talleres en colaboración cos colexios, concursos e premios, ata recursos para o retorno educativo.

 

O Concello do Grove presenta “O Grove Educa”, unha guía que reúne todos os recursos municipais dispoñibles para o alumnado, os colexios de infantil, primaria e secundaria, e as asociacións de nais e pais. Desde programas de conciliación laboral e familiar, ata actividades extraescolares, talleres e obradoiros en colaboración cos centros, concursos e premios, ata recursos para fomentar o retorno educativo.

 

Este é o segundo ano no que se edita esta guía. Nesta ocasión, o resultado é máis completo. Coordinado pola Concellería de Educación, pero coa colaboración de todas as concellerías –hai actividades e propostas de todos os departamentos municipais-, ofrécese unha guía útil, práctica e ambiciosa, coa que se pretenden aportar os recursos municipais precisos para contribuír ao aumento da calidade na ensinanza pública. Así, nun só documento reúnese toda a información sobre a oferta municipal de actividades escolares, co obxectivo de potenciar e facilitar a participación de toda a comunidade educativa da localidade.

 

A guía divídese en seis partes: O Grove concilia; actividades fóra do horario escolar; actividades para nais e pais; actividades en colaboración cos centros; concursos e premios escolares; e retorno educativo. A guía revela tanto a ampla oferta municipal de actividades que presenta o Concello do Grove para o curso 2012-2013, como a ampla coordinación entre as diferentes concellerías. A guía xa se remitiu a todos os centros de infantil, primaria e secundaria da localidade, así como ás propias asociacións de nais e pais, e tamén está dispoñible na web do Concello do Grove para que calquera persoa poida consultala.

 

O Grove Concilia conta cos programas Madruga, Nadal na Biblioteca e a Escola de Verán. Como actividades extraescolares inclúense clases de natación, “Coñecendo e disfrutando na Biblioteca”, bebetecas, talleres de técnicas de estudo, “Comer san é divertido!” e a Escola de Música municipal. As actividades que se organizarán para as nais e pais serán visitas á biblioteca municipal, talleres de primeiros auxilios, charlas informativas sobre o uso e abuso de internet e visitas ao CIPES.

 

Aos centros propónselles talleres de primeiros auxilios na escola; de bebidas saudables; Cine e saúde na escola, O tabaco, fumador artificial; Conceptos básicos sobre drogodependencias; A presión do grupo, Tomando decisións; Taller de autorresponsabilidade afectivo-sexual; Publicidade e medios de comunicación; Límites da intimidade;    Trastornos da conduta alimentaria; Como manexar as miñas emocións; Resolución de conflitos; Contos contra o maltrato; Prevención do absentismo no 2º ciclo de EI; Inclusión escolar na ESO;   Educación vial; Puntos de Información Xuvenil nos Institutos; Semana da prensa na escola; Olimpiada escolar; Maxia Potaxia; Talleres de Consumo; De compras no comercio local; Incorporación ao mercado laboral; Eliminación de plantas autóctonas;         A Illa da Toxa, a lenda do burro; Rutas de sendeirismo; Encontros con mulleres e homes con profesións non tradicionais; e exposición de imaxes e frases sobre igualdade.

 

No que respecta aos concursos e premios, este ano convocaranse novas edicións dos certames de postais de Nadal, Relatos Curtos, Fotografía Medio Ambiental, premios de excelencia académica e a primeira edición do concurso “Que é unha tenda para ti?”. Finalmente, e para fomentar o retorno educativo, infórmase das Axudas Municipais para a obtención do graduado en ESO.