Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello aforra en telefonía móbil

Fecha: 2012-10-29

O Concello do Grove, reestrutura a telefonía e consigue aforrar 32 liñas móbiles.

 

O contrato asinado coa empresa R, prevé unha redución de costes do 40%.

 

O Concello do Grove, da man do seu concellal de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín, está nestos momentos facendo unha reestruturación das telecomunicacións do concello. Esta reestruturación, a cal leva aparellada un cambio de compañía telefónica, xa empezou a dar os seus froitos, e na actualidade baixamos de 64 liñas móbiles a tan só 32.

Este aforro do 50% en liñas móbiles conleva un aforro considerable na factura total das telecomunicacións do concello.

Por outra parte, e continuando coa reestruturación, xa se comezou a cambiar parte das liñas fixas e internet, co que nun principio, aínda xurda algún problema puntual pola adaptación do servizo ás necesidades do concello, este vai a redundar nunha mellora do sistema de traballo, a produtividade e do aforro para o concello.

Unha vez finalizada a reestruturación e cambio de compañía cífrase o aforro global para este concello e tamén para os ciudadáns do Grove, nun 40%.

A base para este cambio foi un novo contrato coa empresa “R”, afincada en Galicia, unha decisión que tamén axuda a que se sigan mantendo os postos de traballo dentro do noso país.