Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove entrega o próximo venres os premios á excelencia académica do alumnado de secundaria

Fecha: 2012-11-05

 

O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, entrega o vindeiro venres, 9 de novembro, os Premios á Excelencia Académica do curso 2011-2012. Será na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey ás 20.00 horas. Marta Caneda Portela é a premiada polo seus resultados académicos na ESO, mentres que en bacharelato, o mellor expediente é o de Olga Pérez Barral.

 

O obxectivo desta convocatoria é premiar o rendemento do alumnado con mellor expediente académico en cada unha das etapas de educación secundaria, que cursaron estudos nalgún dos dous centros públicos deste concello, IES Monte da Vila e IES As Bizocas. O premio en cada unha das categorías consistirá na entrega dun diploma acreditativo e cheques regalo por valor de 200 euros para gastar no comercio local. Deste xeito, ademais de recoñecer e premiar publicamente o éxito escolar de dúas alumnas do concello, tamén se incentiva o comercio local.

 

Estes premios pretenden recompensar o esforzo realizado polos alumnos máis sobresaíntes curso escolar 2011-2012, pero tamén queren ser un estímulo para os demais compañeiros. Esta é a cuarta edición e coa súa convocatoria recupérase unha iniciativa posta en marcha en 2004 polo anterior goberno do Partido Popular, sendo concelleiro de Educación Fernando Meis, e que foron convocadas por última vez no curso 2005-2006.

 

Unha comisión formada pola concelleira delegada de Educación e os directores dos centros de secundaria do municipio realizou a elección das persoas premiadas con base nas cualificacións obtidas polo alumnado.