Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Sube á miña cadeira

Fecha: 2012-11-07

Durante a mañá de onte, varios membros do Grupo de Goberno municipal do Grove participaron na primeira saída da actividade Sube á miña cadeira, organizada pola Concellería de Igualdade e Benestar do Concello do Grove en colaboración coa Asociación Anduriña de Persoas con Discapacidade do Salnés e coa participación de Cogami.

 

Durante un percorrido por varias rúas da localidade, fóronse identificando e marcando con puntos vermellos os lugares menos accesibles do traxecto e con puntos verdes os de mellor accesibilidade. 

 

O alcalde, Miguel Ángel Pérez; a concelleira de Igualdade e Benestar, Ayda Filgueira; o concelleiro de Seguridade, Alfredo Bea e o concelleiro de Obras, Manuel Ochoa, participaron onte nesta acción reivindicativa e de chamada de atención sobre as dificultades coas que se atopan acotío as persoas usuarias de cadeira de rodas no noso municipio.

 

Hoxe, ás 17.00 h, farase un segundo percorrido de Sube á miña cadeira coa participación de representantes de diferentes colectivos veciñais e culturais. O lugar de saída será a praza do Corgo, diante da Casa do Concello.