Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Menor participación dos empregados municipais do Concello do Grove secundando a folga xeral respecto á que tivo lugar no mes de marzo

Fecha: 2012-11-14

 

  • Na anterior folga xeral do pasado 29 de marzo de 2012 a porcentaxe de seguimento da citada convocatoria foi do 39%.

O alcalde do Concello do Grove, Miguel Ángel Pérez, e o concelleiro de Economía, Facenda e Persoal, Juan Luis Callón, valoraron positivamente o escaso seguimento (32%) da folga xeral por parte dos traballadores municipais.

 

Con excepción dos servizos de recollida de lixo, limpeza viaria e prevención de drogas, onde o paro foi algo máis significativo, a tónica desta mañá foi a normalidade e a masiva asistencia dos traballadores aos seus postos de traballo, o que pon de manifesto, ao igual que o pasado 29/03/2012, o fracaso da citada convocatoria realizada contra a política económica do Goberno da Nación.

 

Total de folguistas: 33 (32%)

 

Incidencias máis significativas

Non se rexistraron incidencias en ningún servizo, situación que é de agradecer, xa que o exercicio do dereito á folga non debe ser motivo para dar lugar a incidentes que menoscaben a liberdade dos traballadores que queiran traballar ou prexuízos no patrimonio municipal.