Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O vindeiro sábado darase a coñecer a obra gañadora do Premio Lueiro deste ano

Fecha: 2012-11-22

  

Este sábado 24 de novembro, ás 11.30 horas, na sala de xuntas da Casa do Concello do Grove, ditamínase a obra gañadora da XIX edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta.

 

A esta nova edición do certame presentáronse un total de 25 obras, case o dobre ca ás dos anos anteriores.

 

O Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, dotado con 3.000 euros, convócao o Concello do Grove desde 1992 co obxecto de promocionar a vida e a obra deste escritor e xornalista.

 

En 2010, Chelo Suárez foi a gañadora do certame con As horas rotas, e o pasado ano o premio recaeu en Mario Regueira pola súa obra Outono aquí. 

 

COMITÉ ORGANIZADOR:

D. Miguel Ángel Pérez García, presidente

Alcalde do Ilmo. Concello do Grove

D. Alexandre Aguín Castro

Concelleiro de NTIC, Documentación e Patrimonio do Ilmo. Concello do Grove

 

ENTIDADE COLABORADORA:

Sotelo Blanco Edicións, representada por D. Olegario Sotelo Blanco

 

XURADO:

D. Manuel Quintáns Suárez, presidente

D. Francisco Martínez Bouzas

D. Armando Requeixo Cuba

Dna. Ánxela Gracían

D. Mario Regueira Fernández, gañador da anterior edición.