Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Concurso de Centola Viva 2012

Fecha: 2012-11-23

Onte á tarde tivo lugar o Concurso de Centola Viva na lonxa de contratación do Grove.

 

Presentáronse 11 pezas, 6 machos e 5 femias. O gañador da mellor centola femia, cun peso de 2,4 kg, foi Luis Devesa Meis, do barco Edi. (en representación de Luis Devesa, aparece na foto José María Meis Vila). O gañador da mellor centola macho, cun peso de 4,3 kg, foi José Domínguez Caneda, do barco Airiño.

 

Hoxe, ás 12.00 h, na praza de abastos, levouse acabo a poxa das centolas gañadoras do Concurso. A centola femia partiu dun prezo de 40 euros e acadou os 100 euros. A centola macho comezou con 50 euros e chegou ata os 200 euros. Ambas as dúas centolas foron mercadas polo Restaurante Areoso, do Grove. Os cartos recadados serán doados a Cáritas.

 

Lembramos que mañá, 24 de novembro, ás 12.30 h, terá lugar tamén na praza de abastos unha mostra de cocción de marisco.