Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello programa unha viaxe a Lisboa

Fecha: 2012-11-29

A Concellería de Igualdade do Concello do Grove ten programada unha viaxe a Lisboa que ten prevista a súa saída de diante da Casa do Concello o xoves 6 de decembro ás 7.00 h e o regreso a tarde do domingo día 9.

 

Ademais de Lisboa, visitaranse as cidades de Aveiro, Sintra, Estoril, Cascais e Setúbal.

 

A viaxe é en autobús e inclúe seguro de viaxeiros e o aloxamento en Lisboa será no Hotel Roma *** con almorzo-bufet. 

 

Prezo: 160 € por persoa.

 

As inscricións e pagamento faranse no Rexistro do Concello (novo edificio administrativo da r/ Cándido Acuña, 3) de luns a venres de 9.00 a 14.00 h e o sábado de 9.30 a 12.30 h.

 

Máis información na reunión que haberá hoxe xoves, día 29, ás 18.00 h, na sala nova da Casa do Concello (praza do Corgo, 1) ou no teléfono 645 127 396.