A Concellería de Comercio organiza o II Concurso de Escaparates de Nadal e o I Concurso de Beléns Concello do Grove
Fecha: 2012-11-30
A Concellería de Comercio organiza o II Concurso de Escaparates de Nadal e o I Concurso de Beléns Concello do Grove co fin de dinamizar e potenciar o comercio local.
II Concurso de Escaparates de Nadal
Poderán concursar todos os establecementos comerciais do concello do Grove, sexa cal sexa a súa actividade. A inscrición é gratuíta.
Os concursantes poderán inscribirse desde o 1 ata o 10 de decembro de 2012, cubrindo a correspondente ficha de inscrición e presentándoa no Rexistro do Concello.
As datas de exposición serán as comprendidas entre o 10 de decembro de 2012 e o 6 de xaneiro de 2013 (ambos os dous incluídos).
Haberá un total de tres premios, os cales serán uns lotes de produtos do Nadal.
I Concurso de Beléns Concello do Grove
Poderán participar neste concurso todas aquelas persoas empadroadas no Grove, e que realicen a súa montaxe dentro do seu termo municipal. Cada participante poderá presentar a concurso un único belén.
As persoas interesadas en participar no concurso deberán formalizar a súa inscricións desde o día 1 ata o 17 de decembro de 2012, ambos inclusive, enviando unha ou varias fotografías xunto cos seus datos persoais (nome e apelidos, enderezo en úmero de teléfono) ao correo electrónico comercio@concellodogrove.com e publicando unha fotografía no facebook da Rede Bibliotecas do Grove.
1.º premio: vales por un importe de 100 € para gastar no comercio local.
2.º premio: vales por un importe de 50 € para gastar no comercio local.