I Torneo de Fútbol Sala de Nadal do Concello do Grove.
Fecha: 2012-12-17
A Concellería de Deportes, en colaboración cos alumnos de 4º curso da ESO do IES Monte da Vila, vai a organizar o I Torneo de Fútbol Sala de Nadal do Concello do Grove.
Será os días 28, 29 e 30 de decembro no pavillón municipal dos deportes do Monte da Vila.
O prazo de inscrición comeza o luns 17 de decembro, e hai que inscribirse na Casa do Concello (segundo andar).
Será para un máximo de 16 equipos e teñen preferencia os equipos que conten con 6 xogadores, como mínimo, empadroados no Grove.