Titerehop. Hip-hop e monicreques en galego no IES As Bizocas do Grove
Fecha: 2012-12-19
Actividade destinada a mozas e mozos de 13 a 17 anos
Facilitada ao Concello do Grove pola Rede de Dinamización Lingüística, á cal pertence
O Grove, 19/12/2012. Incluído na programación do Nadal deste ano do Concello do Grove, mañá xoves, 20 de decembro, de 11.30 a 14.00 h, desenvolverase no IES As Bizocas (Balea, O Grove) Titerehop, un obradoiro de hip-hop e monicreques que se encadra dentro do programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística, entre os que se atopa o Concello do Grove, e que levará ata finais de decembro do ano que andamos un total de 250 accións como Titerehop, Galego de Cine ou O Señor das Dunas por unha centena de entidades locais.
A actividade Titerehop foille facilitada ao Concello do Grove pola Rede de Dinamización Lingüística a través do Servizo de Normalización Lingüística municipal, dependente da Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio, que dirixe o concelleiro Alexandre Aguín Castro.
Pódese atopar máis información e o calendario completo de actividades de FalaRedes na páxina web: www.xunta.es/linguagalega/falaredes e nas redes sociais: Twitter (@falaredes) e Facebook e Tuenti (Programa FalaRedes). Nelas aparecen colgadas fotos de todas as actividades do programa levadas a cabo ata o momento.