Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aos Reis Magos, en galego.... e tamén por e-mail

Fecha: 2012-12-20

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove, dependente da Concellería de Novas Tecnoloxías, Patrimonio e Documentación, dirixida por Alexandre Aguín, acaba de poñer en marcha a campaña de dinamización lingüística Aos Reis Magos, en galego, que procura promover entre as rapazas e rapaces mecos a escrita das cartas aos Reis Magos en lingua galega. O SNL municipal preparou un modelo de carta aos Reis Magos con frases introdutorias en galego para que a rapazada poida pedir os seus agasallos na nosa lingua.

O cartel da campaña e a carta foron deseñados pola artista local Tamara Domínguez Aguiño, que ata o 25 de xaneiro próximo participa nunha exposición colectiva na Galería Besada do Grove.

O material da campaña distribuíuse entre os centros educativos de educación infantil e primaria do municipio.

As cartas, unha vez escritas, poden depositarse, antes do día de Reis, nas caixas do correo postas para o efecto nas casas da cultura do Grove e de San Vicente, ou tamén entregarlla ao Carteiro Real.

Esta campaña, feita en colaboración coa Rede de Bibliotecas do Grove, complementa a de Os Reis Magos teñen e-mail, que permite enviarlles ás súas peticións ás Súas Maxestades de Oriente a través do “E-mail Real”: reismagos@concellodogrove.com.

Lembramos que tanto na biblioteca municipal do Grove como na axencia de lectura de San Vicente hai rede Wi-Fi gratuíta e ordenadores de uso público.

Descarga a carta para os Reis Magos aquí >