A maxia chega mañá á biblioteca municipal do Grove
Fecha: 2012-12-26
- Entregarase premios aos mellores lectores do ano
- O Concello do Grove elaborou unha programación de Nadal na que combina monicreques, maxia, obradoiros, concursos…
O Concello do Grove prosegue coa programación de Nadal. Mañá xoves, ás 17.30 horas, a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá as tardes de maxia, destinada para todos os nenos e nenas do municipio. O Mago Cali porá en escena o seu espectáculo É Maxia, nunha tarde na que tamén se premiará aos mellores lectores do ano.
O espectáculo do mago Cali mostrará aos asistentes como con calquera palabra pódese crear maxia. Unha mestura de elementos da vida real cos elementos fantásticos fan un espectáculo divertido, entretido e fascinante. O Mago Cali foi durante dez anos compoñente do grupo de teatro afeccionado Do Vacío, dedicado á expresión corporal e á pantomima. Mago mimo na compañía de Nacho Otero, tamén estivo quince anos dedicado á maxia na especialidade de cartomaxia. Desde hai sete anos está dedicado enteiramente á maxia, coa creación dos espectáculos Maxia para soñar, Fantasía e Amancio Amigo.
Tamén nesta Tarde de Maxia se fará entrega dos premios aos Mellores Lectores do Ano, nas categorías infantil, xuvenil, adulto e sénior. Na categoría infantil, para nenos de ata 11 anos, os premiados son Uxía Álvarez Salgueiro e Pedro Rodríguez Vidal. Como lectores xuvenís, de 12 a 18 anos, destácase aos usuarios Lucía Bagnasco Silva e Juliana Martínez Castañeda. Na categoría adulto, de 19 a 59 anos, os premiados son Dolores Domíngue Prieto e Cristina Devesa Cacabelos. Finalmente, Ángel Otero Prol e María Concepción Muncenill Guilleume son os premiados na modalidade sénior, para maiores de 60 anos. Con esta iniciativa, desde a Rede de Bibliotecas Municipais preténdese estimular e potenciar a lectura en todas as idades.
Estas actividades inclúese na programación de Nadal elaborada polo Concello do Grove, a través das concellerías de Cultura, Educación, Comercio e Documentación, Novas Tecnoloxías e Patrimonio. Baixo o lema o "Nadal 2012 no Grove é máis Nadal!", preséntase unha ambiciosa e completa programación de Nadal destinada para nenos e maiores da localidade na que se combinan sesións de contacontos e maxia para os máis pequenos, con campañas de promoción do comercio local e do galego, as cabalgatas de Papá Noel e dos Reis Magos, e talleres de animación á lectura, entre outros.