Continúa o salientable aumento de usuarios da biblioteca municipal do Grove e duplícase desde 2010
Fecha: 2013-01-08
A ampliación de servizos e a súa mellora con todo tipo de pequenos detalles axudan a percibir a biblioteca como un equipamento baseado na calidade, o rigor, a proactividade e o servizo público.
As actividades postas en marcha ao longo do ano 2012 foron pensadas para contribuír a cumprir cos obxectivos de mellorar a calidade dos servizos, chegar a públicos inéditos, fidelizar os usuarios e usuarias existentes e reforzar o protagonismo da biblioteca municipal na opinión pública, conseguindo, ao mesmo tempo, unha gran presenza mediática.
A táboa comparativa mostra as porcentaxes de incremento desde o ano 2010 ata a fin de 2012:
|
Datos |
2010 |
2011 |
2012 |
Porcentaxe de aumento en relación a 2010 |
Porcentaxe de aumento en relación a 2011 |
|
Núm. de visitas |
7226 |
9453 |
16054 |
122,17 % |
69,82 % |
|
Préstamo infantil |
1032 |
1438 |
2687 |
160,37 % |
86,86 % |
|
Préstamo adulto |
762 |
933 |
1742 |
128,61 % |
86,71 % |
|
Préstamo audiovisuais |
113 |
141 |
559 |
394,69 % |
296,45 % |
O número de visitas á biblioteca experimentou un considerable incremento: un 69,82% máis ao longo destes 12 meses en relación ao 2011. Nestas visitas non se contabilizan as persoas asistentes ás actividades como contacontos ou obradoiros, que se inclúen noutras táboas estatísticas, senón que só se contabilizan as visitas que utilizan servizos coma o préstamo, a lectura en sala oo servizo de información e referencia.
Cifras similares obtemos ao analizar os resultados do servizo de préstamo a domicilio: un incremento do 86,86% en préstamo infantil; 86,71% en préstamo adulto e 296,45% en préstamo de audiovisuais.
Así mesmo, as cifras que ofrece a táboa que recolle o número de asistentes aos espectáculos de contacontos son un reflexo da excelente acollida que ten este tipo de actividades entre a poboación infantil e os seus acompañantes adultos. Este público coñece a biblioteca a través deste tipo de actividades e acaban converténdose en socios e usuarios habituais da biblioteca.
Asemade, esta análise estatística mostra que a redefinición e a ampliación dos servizos básicos, a oferta de novos servizos e recursos, a continua adquisición e incorporación de novos fondos, a posta en marcha dunha programación atractiva con actividades variadas e sorprendentes así como a continua promoción dos servizos e actividades bibliotecarias comezaron a dar os primeiros froitos, atraendo un público moi heteroxéneo.
Cidadanía de todas as idades comezou a utilizar e a percibir a biblioteca como un equipamento ao servizo da comunidade, reforzando o seu protagonismo como punto de encontro, como centro de información, formación e desenvolvemento persoal e como un espazo cultural de acceso ao libro e á lectura. Estanse a cumprir, polo tanto, cos obxectivos propostos.