Publicada no BOP a aprobación inicial do cambio de denominación das rúas dos barrios do Vento e Lordelo
Fecha: 2013-01-09
Despois dos cambios no nomenclátor viario das rúas do barrio de Peralto e do Hospital a mediados do pasado ano, desta volta tócanlle ás rúas do Vento e de Lordelo e a unha da zona do Hospital.
As novas propostas de denominación, que foron aprobadas por unanimidade no Pleno municipal do 29/11/2012, publicáronse no Boletín Oficial da Provincia do pasado luns, 7 de xaneiro.
Ábrese un prazo de vinte días, desde o seguinte ao da súa publicación no BOP, durante o cal as persoass interesadas poden presentar as súas alegacións. Rematado o antedito prazo sen que estas se presenten, os nombres serán aprobados definitivamente.
Consulte o edicto do BOP cos novos nomes desde esta ligazón >