Aberto o prazo de preinscrición para os cursos Celga do ano 2013
Fecha: 2013-01-09
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove (SNL), dependente da Concellería de NT, Patrimonio e Documentación que dirixe Alexandre Aguín, comunica que está aberto o prazo de preinscrición para os cursos gratuítos de lingua galega que o concello meco pretende organizar para a preparación das probas dos certificados de lingua galega Celga 3 ou Celga 4 que se desenvolverán a primeiros de xuño de 2013.
Para poder organizar os cursos e solicitarllos á Secretaría Xeral de Política Lingüística o SNL municipal precisa un mínimo de 20 persoas preinscritas por curso, polo cal non se descarta a organización e solicitude conxunta cos concellos veciños de Sanxenxo e Cambados, como xa se fixo o pasado ano.
Dado que a convocatoria de 2013 indica que o prazo de preinscrición remata o 25 de xaneiro, as persoas interesadas deberán formalizar a súa preinscrición o máis axiña posible no Servizo de Normalización Lingüística do Concello (Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey, baixo) ou no teléfono 986 733 190, de luns a xoves e de 9.00 a 14.00 h e os venres de 16.30 a 20.30 h. Tamén o poden facer a través do enderezo electrónico do SNL (normalizacionlinguistica@concellodogrove.com) enviando o seu nome, número de dni e un teléfono de contacto.
Máis información: