II Bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre do Grove
Fecha: 2013-01-23
Este simposio está aberto a todos os artistas do mundo, maiores de idade, calquera que sexa a súa nacionalidade e residencia.
Cada participante só poderá presentar unha obra á selección previa.
O simposio terá lugar no municipio do Grove e as obras realizadas quedarán en propiedade do Concello.
La duración do evento será de 24 días, comprendidos entre o 20 de setembro e o 13 de outubro de 2013. O día 20 terá lugar a inauguración (ás 12.30 h) e o 13 a entrega de premios.
O material para empregar será o granito, en calquera das variedades existentes en Galicia e o tema será libre.
As obras seleccionadas optarán aos seguintes premios:
1.º premio: 2.200 euros e Centola de Ouro
2.° premio: 1.100 euros e Centola de Prata
3.º premio: 900 euros e Centola de Prata
Bases e ficha de inscrición (en español)
Bases e ficha de inscrición (en inglés)