Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Programa do Entroido. O Grove 2013

Fecha: 2013-01-25

 

XOVES, 7 DE FEBREIRO

Xoves de Comadres

21.00 h | Concentración nas portas da Casa do Concello para saír cara ao restaurante.

22.00 h | Cea das Comadres en Casa Campaña As reservas faranse no propio restaurante. O prezo do prato é de 30 euros.

 

 

VENRES, 8 DE FEBREIRO

Venres de Compadres

21.00 h | Concentración nas portas da Casa do Concello para saír cara ao restaurante.

22.00 h | Cea dos Compadres no Restaurante Don Mexilón. As reservas faranse no propio restaurante. O prezo do prato é de 30 euros. (Ver cartel)

 

 

SÁBADO, 9 DE FEBREIRO

Festival de Comparsas

21.00 h | Comezo do Festival de Comparsas Concello do Grove 2013 no pavillón dos deportes do Monte da Vila. Contará coa actuación especial de Daani Cornes. Venda de entradas desde as 16.30 h no mesmo pavillón. Prezo: 5 euros.

 

Bases do Festival de Comparsas 2013

 

Folla de inscrición no Festival de Comparsas 2013

 

 

DOMINGO, 10 DE FEBREIRO

Festival Infantil de disfraces

17.00 h | No pavillón de deportes do Monte da Vila: discoteca móbil con Javi Solla, globoflexia, galdrupadas e moita troula para que a xente miúda viva o Entroido a tope. Entrada de balde.

 

MARTES, 12 DE FEBREIRO

Gran Marcha do Entroido Meco

15.30 h | Inscrición dos disfraces nas portas da Casa do Concello (obrigatoria para optar a premio).

16.30 h | Concentración dos disfraces na praza do Corgo.

17.00 h | Inicio do desfile polo Sambódromo Meco: O Corgo, Beiramar, Luís Casais, Castelao, Rúa da Praza e Luís Seoane. É obrigatorio darlle un mínimo de dúas voltas ao percorrido deseñado para optar a premio.

Listaxe de premios por categorías

 

VENRES, 15 DE FEBREIRO

Gran Enterro de Dona Sardiña Meca

Instalación da capela ardente na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

20.00 h | Gran comitiva fúnebre para a condución da finada desde a casa da cultura, que pasará polas rúas do Grove ata chegar a explanada do Corgo, onde será incinerada a defunta.

 

SÁBADO, 16 DE FEBREIRO

Concentración de Choqueiros en San Vicente

16.30 h-20.00 h | Actuacións das comparsas e queima do vimbio no lugar da Area, San Vicente

 

DOMINGO, 17 DE FEBREIRO

Comparsas en San Vicente

12.30 h | Recital de comparsas na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder, San Vicente

 

 

ORGANIZAN:

Ilmo. Concello do Grove 

Concellería de Cultura 

 

COLABORAN:

Asociación Roza do Pedrol

Asociación As Besadas

 

 

Descargue o programa premendo aquí>

 

Cartel do Entroido 2013 O Grove