Presentación da Escola de Teatro
Fecha: 2013-01-31
A Concellería de Xuventude do Concello do Grove e a asociación cultural Roza do Pedrol fan a presentación da Escola de Teatro este venres, 1 de febreiro, ás 8 da tarde na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder (San Vicente).
Tras un período de inscrición, durante o cal as persoas interesadas nesta actividade podían apuntarse tanto a través da asociación (Estrella: 657 414 277) como da OMIX do Concello, conseguiuse un grupo de 17 persoas. De todos os modos, se quedase algunha persoa que aínda queira formar parte deste proxecto, pode pasar polos lugares mencionados para inscribirse ou o mesmo día no lugar da presentación.
Recordamos que esta escola de teatro está dirixida a persoas maiores de 16 anos e que se vai levar a cabo os venres, de 20.00 a 22.00 h no mesmo lugar da presentación, desde o mes de febreiro ata o de decembro, facendo unha parada nos meses de verán.