Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Publicadas as bases do VII Certame de Poesía Xosé A. Barral

Fecha: 2013-02-19

 

O IES As Bizocas convoca un ano máis o seu Certame de Poesía Xosé A. Barral, destinado ao alumnado que estea cursando ESO ou bacharelato no curso 2012/2013.

 

Nesta sétima edición do certame, o Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, colabora coa achega económica dos premios que se concedan.

 

A data límite de recepción de orixinais é o 15 de abril de 2013.

 

Pode consultar o texto íntegro das bases do VII Certame de Poesía Xosé A. Barral premendo nesta ligazón >